A QUEN ESTÁ DIRIXIDO

Se vas a emprender calquera tipo de aventura profesional e precisas compañeir@s de viaxe, aí estaremos

O TENDAL está pensado para axudar ás empresas ou profesionais que están empezando a aos que queren empezar de novo. Podemos centrarnos no posicionamento dun proxecto empresarial; e tamén podemos preparar o lanzamento dun novo produto ou servizo.

De entrada, poñemos o foco nas empresas da economía social, cooperativas ou sociedades laborais que, coma nós, enmarcan a súa actividade dentro duns parámetros de responsabilidade persoal, empresarial e social fundamentados nos valores da igualdade, a participación, e o compromiso coa súa comunidade.

Queremos axudarte a posicionar o teu proxecto no ámbito territorial que ti escollas. Desde un mercado de proximidade ata un plan de internacionalización.

Os nosos servizos están dirixidos a case calquera sector. Busca entre estas iconas o teu, e se non o atopas, chámanos e fainos a túa consulta. Enseguida deseñaremos unha nova icona para incluír a túa actividade neste panel.