COMO FUNCIONA

O noso TENDAL é unha estrutura ao mesmo tempo tradicional e contemporánea, próxima e internauta, pero sobre todo humana. Somos un equipo de persoas próximas, que traballaremos man a man contigo para acadar os teus obxectivos.

O que imos facer é sentarnos con vós, escoitarvos atentamente e estudar a vosa consulta para axustar o mellor posible o traballo que imos desenvolver.
Todo o material que vós adiantedes vainos permitir responder ás vosas demandas con máis eficacia e rapidez, e prezos máis axustados.
 

Tede en conta que unha proposta axustada require certa planificación e que as correccións significan horas de traballo. Podemos estirar o voso paquete de horas en función do traballo que vós adiantedes e das xuntanzas que queirades manter. Pola nosa parte comprometémonos a responder con eficacia ás vosas demandas axustando os prezos e creando sinerxias con outros proxectos para abaratar custes.

SERVIZOS

Estes son os traballos que estamos afeitos a desenvolver:

ESTUDOS DE MERCADO

  • Segmentación de potenciais clientes.
  • Análise da competencia.
  • Análise de produto.
  • Análise de satisfacción clientes.
  • Enquisas presenciais, telefónicas e web.
  • Focus Group.
  • Paneis de compra e consumo.
  • Simulación de compras.
  • Análise de redes sociais.
 

ESTRATEXIA DE MARKETING

  • Plan de marketing
  • Mistery Shopper e auditoría
  • Forza de ventas/XPV (Xestores en Punto de Venta)
  • Programas de fidelización
  • Campañas de punto de venta
  • Organización de eventos
  • Marketing directo
  • Marketing telefónico
  • Marketing on line
  • Sistemas de reporte on line
  • Mix de marketing
  • Marketing Internacional
 

DESEÑO

  • Deseño da marca/nome do proxecto
  • Deseño de imaxe corporativa básica
  • Deseño de imaxe corporativa completa
  • Manual de identidade corporativa
  • Publicidade On-line e Off-line
  • Restyling de imaxe corporativa
  • Deseño de etiqueta e embalaxe de produto
  • Personalización da liña gráfica web
 

COMUNICACIÓN

  • Deseño dunha estratexia de comunicación para o proxecto
  • Elaboración de notas de prensa
  • Comunicación 2.0 
  • Relación cos medios 
  • Redacción dos textos da web do proxecto
  • Presentación pública do proxecto en rolda de prensa
  • Elaboración doutros materiais divulgativos escritos
  • Elaboración de materiais divulgativos audiovisuais
  • Elaboración de campañas de difusión especiais/eventos
  • Elaboración dunha estratexia publicitaria
  • Creatividade para unha campaña publicitaria
  • Xestión dunha campaña publicitaria
 

WEB E COMERCIO ELECTRÓNICO

Temos deseñado un prototipo web completo co seu back-office. Se pensas que o noso prototipo se adapta ás necesidades do teu proxecto, aforrarás moitas horas de desenvolvemento. Será suficiente con que adaptemos os módulos que xa están deseñados e que os encaixemos no teu deseño de marca. O noso prototipo divídese en módulos adaptables ao teu perfil (servizos, produtos, etc.):

  • Módulo Presentación 
  • Módulo Catálogo de servizos e ou productos 
  • Módulo Tenda On-line
  • Módulo Noticias
  • Módulo Eventos
  • Módulo Galería de imaxes
  • Módulo Vídeos
  • Módulo Blog
  • Módulo Cooperativismo
  • Mailings/newsletters