COMO FUNCIONACOMUNICACIÓN

COMUNICACIÓN

  • Deseño dunha estratexia de comunicación para o proxecto
  • Elaboración de notas de prensa
  • Comunicación 2.0
  • Relación cos medios
  • Redacción dos textos da web do proxecto
  • Presentación pública do proxecto en rolda de prensa
  • Elaboración doutros materiais divulgativos escritos
  • Elaboración de materiais divulgativos audiovisuais
  • Elaboración de campañas de difusión especiais/eventos
  • Elaboración dunha estratexia publicitaria
  • Creatividade para unha campaña publicitaria
  • Xestión dunha campaña publicitaria

Este é un paso fundamental. Todo o que fagas non acadará valor ata que non o comuniques. E cando o fagas estarás aumentando exponencialmente as túas probabilidades de venta, difusión, contratación... ou calquera que sexa o obxectivo do teu proxecto.

Hai comunicacións para todos os gustos e para todos os petos. A nós a que máis nos gusta é a comunicación creativa, é dicir, darlle á cachola e inventar accións comunicativas fora do común para sorprender ao teu público. Tes que ter en conta que a xente está sobresaturada de información así que non podes ser outra pinga de auga no mar.

Por suposto precisas unha web. E tamén precisas que esa web se atope con facilidade, tan fácil que apareza mesmo cando non se busca. O posicionamento en Google hoxe en día é primordial, pero unha vez cheguen á túa web, teñen que quedarse, teñen que atopar solucións e optar polos teus servizos ou produtos cando se decidan a mercar. Nós axudarémosche a posicionar nos buscadores a túa web (SEO) pero ademais dotarémola de contido, cubrindo as necesidades de futuros clientes e fidelizándoos. Todo isto a través dunha estratexia de contidos que planificaremos coa túa axuda. Será un traballo feito por nós pero guiado por ti en todo momento. En xeral, todas as comunicacións deben transmitir personalidade propia, a personalidade do proxecto. Por iso é importante pararse un pouco a pensar en como queres que sexa a túa comunicación co público e marcar as liñas mestras nunha estratexia de comunicación.

Podemos facer comunicación empresarial para o desenvolvemento dunha marca, dun produto ou dun servizo, dunha forma global, acudindo a todos os recursos e ferramentas dispoñibles: medios escritos, audiovisuais, dixitais, redes sociais, publicidade directa e indirecta... O que che propoñemos neste caso é un gabinete de prensa off/on line que se ocupe da relación cos medios e que ademáis xestione o contido da túa web a través dun blog da empresa ou do proxecto, e a posibilidade de editar un boletín ou revista dixital periodicamente... en definitiva, trátase de crear contido propio orixinal, sempre co obxectivo de posicionar a túa imaxe e aumentar as túas ventas ou contratacións, empregando unha estratexia de contidos para xerar notoriedade de marca, fidelidade e imaxe de experto no teu campo.

Se o investimento que podes facer é pequeno haberá que empregar sobre todo as redes sociais, pero lembra que non é o mesmo o teu facebook ou twitter persoal que o do teu proxecto. Hai que marcar a liña de comunicación, escoller o tono, ser moi prudente no feedback cos teus seguidores e, de novo, buscar o xeito de diferenciarse. Ao final o que importa é crear comunidade, unha lexión de incondicionais que te valoren e te respecten por riba doutros no teu mesmo sector. E lembra que hai moitas máis redes sociais que facebook e twitter nas que che pode interesar participar segundo o teu tipo de proxecto.

Estes son os servizos de comunicación que podemos ofrecerche. Lembra que todo é adaptable e escalable. O teu proxecto pode necesitar unha ou varias destas estratexias, ou mesmo nos pode dar a oportunidade de inventar unha nova. Canto máis lle deamos á cachola, mellor.

COMUNICACIÓN E REDES SOCIAIS
Plans de comunicación corporativa externa e interna. Relacións Públicas. Especializados en comunicación externa, política e cultural. Traducións. Contidos audiovisuais.   Xestión de Redes Sociais, blogs, webs e canais corporativos. Posicionamento SEO, SEM e SMO.

MULTIMEDIA
Vídeos corporativos, culturais, políticos, spots, deseño e creatividade e redacción de material promocional e publicitario, revistas, folletos, páxinas web, etc.

EVENTOS
Deseño e xestión integral de eventos corporativos, convencións, congresos, festas de empresa, inauguracións, presentacións, etc.

MERCADOTECNIA E PUBLICIDADE
Deseño e produción de campañas de mercadotecnia, accións promocionais e publicitarias.