COMO FUNCIONADESEÑO

DESEÑO

  • Deseño da marca/nome do proxecto
  • Deseño de imaxe corporativa básica
  • Deseño de imaxe corporativa completa
  • Manual de identidade corporativa
  • Publicidade On-line e Off-line
  • Restyling de imaxe corporativa
  • Deseño de etiqueta e embalaxe de produto
  • Personalización da liña gráfica web

Un bo logotipo, un bo símbolo, non son imprescindibles para que o teu proxecto sexa un éxito. O deseño gráfico non é a panacea do marketing. Pero o que si é certo é que cunha boa imaxe véndese mellor. Cando unha marca é fácil, se representa ben, se capta rapidamente, o cliente pode recoñecela mellor, asumila mellor, comprala mellor.

Nós traballamos en todos los campos do deseño gráfico e web, e seguimos protocolos onde ti xogas un papel fundamental. Para deseñar unha boa imaxe corporativa temos que coñecer ben a túa empresa, o teu proxecto e o sector no que o vas ofertar. O obxectivo é que represente os valores da empresa, que transmita o que el proxecto quere vender e destaque fronte á competencia. Por iso comezaremos analizando toda a información que nos proporciones e non debuxamos nen propoñemos sen máis. O deseño gráfico da imaxe corporativa é un reflexo da personalidade e do posicionamento da empresa.

Se nos escolles para desenvolver este traballo sempre che aconsellaremos desenvolver un manual de identidade corporativa, que é un documento no que se deseñan as liñas mestras da imaxe dun proxecto, empresa, servizo, produto ou institución. Nel, defínense as normas que se deben seguir para imprimir a marca e o logotipo nos diferentes soportes internos e externos da empresa, con especial fincapé naqueles que se mostrarán ao público.

O manual describe os signos gráficos escollidos para mostrar a túa imaxe así como todas as súas posibles variacións: forma, color, tamaño, tipografías, etc. Tamén explica a súa forma, oportunidade e lugar de utilización mediante a inclusión de exemplos gráficos; e as normas prohibitivas das súas aplicacións.

O manual de identidade corporativa dache total liberdade á hora de decidir con que profesionais do deseño queres continuar traballando durante cada fase de vida do teu proxecto porque contén:

  • • As normas básicas de construción e desenvolvemento da identidade corporativa.
  • • A aplicación do logotipo nas distintas plataformas de comunicación seguindo os parámetros que se decidan para conxugar a marca en: papelería (papel de carta, sobres, facturas, albaráns), tarxetas de visita,carteis, indicadores, vehículos, uniformes do persoal e outros, dependendo das túas necesidades.

Ademais, facilitámosche o trato directo e profesional coa imprenta e, en xeral, con todos os provedores anexos ao noso traballo, para que manteñas sempre a túa autonomía.

Estes son algúns dos traballos que podemos facer para construír ou mellorar a imaxe do teu proxecto:

Identidade corporativa
Logotipos, manual de identidade corporativa, naming e branding.

Sinalética
Iconografía, pictogramas, sinalética urbana, cartelería de seguridade industrial, sinalización de espazos de traballo e rótulos.

Publicidade
Online, offline, promocións, campañas publicitarias e anuncios en diferentes soportes.

Cartelería
Posters, exposicións, banderolas, calendarios, stands, vinilos, roll up, etc.

Multimedia
Deseño dun entorno web, newsletters, banners, presentacións para empresas, interactivos en diferentes formatos para CD, DVD, televisión ou internet e aplicacións para smartphones.

Papelería
Papelería comercial e fiscal, tarxetas de visita, tarxetóns, convites, cartas formais, facturas, albaráns, sobres, carpetas corporativas, portafolios, formularios, etiquetas, etc.

Editorial
Libros, periódicos, revistas, catálogos, flyers, folletos (dípticos, trípticos, despregables), manuais de instrucións, indicacións de uso, fichas didácticas, etc.

Infografía
Mapas, organigramas, viñetas, gráficos analíticos e gráficos figurativos.