COMO FUNCIONAESTUDO DE MERCADO

ESTUDOS DE MERCADO

  • Segmentación dos potenciais clientes
  • Prospección de novos clientes
  • Análise da competencia
  • Análise do grao de relevancia do proxecto/produto/servizo
  • Análise do grao de innovación do proxecto/produto/servizo
  • Análise da oportunidade por prezo
  • Deseño de cuestionarios
  • Elaboración de enquisas
  • Estudios omnibus
  • investigación en redes sociais
  • Elaboración de paneis de compra e consumo
 

Pode que esteas preguntándote: realmente necesito un estudo de mercado? A nosa resposta é esta: Sexa para coñecer o tamaño do teu mercado, se o teu produto ou servizo se adapta ás necesidades reais do cliente, os puntos de mellora dun proxecto antes de lanzalo ou calquera outra decisión estratéxica, a investigación axudarache a minimizar os riscos.

A investigación de mercados é o primeiro paso para saber si lanzarte ou non co teu negocio. É a columna vertebral do teu plan de viabilidade. Ademais, coñecer o teu mercado serache útil non so antes de lanzarte senón tamén nas seguintes fases.

A falta de presuposto non debe ser unha razón para lanzarte a emprender sen realizar un estudio de mercado. Está en xogo a supervivencia mesma do teu proxecto. A euforia pode levarte a pensar que a túa idea é boa sen contrastala pero o aconsellable é desenvolver unha investigación para testar a túa idea cun equipo de profesionais. No noso caso poderás facelo cun investimento mínimo. É máis, ti mesmo podes facer gran parte do traballo e reducir dese xeito as horas e o custe. Pero lembra que investigar un mercado require dunha metodoloxía que permita obter resultados válidos para tomar decisións. Non abonda con pedir opinión a un grupo de amigos, e tampouco basta con mirar en Google para facer una pequena aproximación ao que fai a competencia.

Sobre todo é importante poñer en marcha unha investigación para analizar se o teu negocio é relevante, se é diferente, e se ademais o ofreces a un prezo competitivo. Pero as investigacións de mercado van moito máis alá desta primeira fase inicial. Serven para todo tipo de toma de decisións na marcha do negocio. Así, a través de diferentes métodos podemos coñecer o grao de satisfacción dos teus clientes cos teus produtos e servizos e a súa percepción respecto da competencia; test de produtos, de packaging, de imaxe de marca, ou percepción sobre os prezos. A orientación do estudo realizarase en función das túas necesidades e contando coa túa participación activa para garantir a maior utilidade para o éxito do teu negocio.