COMO FUNCIONAESTRATEXIA DE MARKETING

MARKETING

  • Plan de marketing
  • Mistery Shopper e auditoría
  • Forza de ventas/XPV (Xestores en Punto de Venta)
  • Programas de fidelización
  • Campañas de punto de venta
  • Organización de eventos
  • Marketing directo
  • Marketing telefónico
  • Marketing on line
  • Sistemas de reporte on line
  • Mix de marketing
  • Marketing Internacional

O noso equipo de marketing vai traballar para deseñar unha estratexia que che permita competir nun mercado globalizado coas mesmas ferramentas que as grandes compañías.

Cada proxecto require dunha primeira fase de diagnóstico na que se estudarán as 4 p’s do marketing (produto, prezo, promoción, praza) e se creará unha estratexia para acadalas. Se o desexas, acompañaremos a implementación desta estratexia a través de networking.

O teu plan de marketing terá o seguinte esquema:

1. Resumo Executivo:
Inclúe a definición do proxecto, produto ou servizo que se lanza, detallando as vantaxes diferenciais con respecto aos produtos similares da competencia e o investimento necesario para acadar duns obxectivos expresados en termos de rendemento, vendas, beneficios, participación de mercado, etc...

2. Introdución: 
Neste apartado debemos ser capaces de describir o proxecto, produto ou servizo, para que calquera persoa, coñecida ou descoñecida, entenda exactamente que estás propoñendo.

3. Análise da situación:
Trátase de diagnosticar a posición inicial da empresa a través dunha análise DAFO : debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades.

  • • Análise de macro :aspectos demográficos, económicos, medioambientais, tecnolóxicos, políticos e culturais, que afectan á túa empresa ou actividade.
  • • Análise Micro : principais competidores potenciais (produtos, puntos fracos e fortes, estratexias e tácticas), fornecedores, distribuidores, clientes e outros grupos de interese (referencias, prescitores...).

En conclusión, a empresa pode diagnosticar a súa posición inicial a través dunha análise DAFO : debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades.

4. Marketing estratéxico:
Unha vez considerado o ámbito económico e os factores internos e externos que afectan ao progreso do proxecto temos que establecer os piares sobre os que basear a estratexia de marketing:

  • • Posicionamento de mercado: percepción da nosa empresa.
  • • Vantaxe/s Competitivo/s: difrenciación dos nosos competidores.
  • • Mercado Obxectivo (segmentación): segmentación do noso público.
  • • Definición de obxectivos: precisos e medibles, pero tamén realistas, nun prazo asumible e que constitúan un reto.

5. Mix de marketing:
Unha vez establecidas as liñas xerais do Plan é preciso describir as variables ou ferramentas que se empregarán para cumprir os obxectivos.

  • a. Produto ou servizo :Definir as características distintivas en relación á competencia…
  • b. Prezo: Definir a política de prezos con base na estrutura dos custos, marxes de distribución, prezos da competencia, elasticidade da función da demanda.
  • c. Distribución: tendas, maioristas, online... cobertura, control e custo son factores fundamentais para determinar cal é a canle de vendas máis adecuada en cada caso.
  • d. Comunicación: transmitir ao mercado a nosa oferta para informar, persuadir ou convencer o consumidor. Podemos apoiar a nosa política de comunicación coa publicidade, as promocións, as relacións públicas, o marketing directo, os patrocinios…

6. Marketing Relacional:
Partiremos do concepto de Valor de Vida do consumidor para definir posteriormente a política de fidelidade de cara aos nosos clientes: venta cruzada, retención de clientes, MGM (un cliente trae a outro), recuperación de baixas,...