ESTRATEXIA DE MARKETING

INTERNACIONALIZACIÓN

Cremos firmemente na posibilidade de aproveitar as carencias do mercado local para crebar as barreiras das fronteiras, ampliar os teus horizontes e atopar novas oportunidade no estranxeiro. A nosa proposta de Internacionalización e Comercio Exterior pretende amparar o teu proxecto dende o mesmo intre no que decides buscar novos públicos no estranxeiro, asesorándote sobre a viabilidade desta oportunidade comercial. Todo baixo os nosos valores esenciais de trato directo, compromiso, profesionalidade e confidencialidade.

O NOSO PAPEL NA TÚA INTERNACIONALIZACIÓN
Comezaremos por analizar o teu proxecto para determinar o seu potencial de internacionalización e deseñar o itinerario que axude a superar calquera tipo de barreiras que puideran xurdir.

SELECCIÓN DOS DESTINOS MÁiS OPORTUNOS
TTras un exame pormenorizado dos nosos informes sobre as características dos diferentes tipos de mercado, bosquexaremos unha relación dos destinos máis oportunos para cada proxecto, atendendo aos factores socioeconómicos e sectoriais de cada mercado.

ESTUDO OPERATIVO DE MERCADO
Nesta fase desenvolveranse os primeiros traballos de confección dun plan de exportación que poida consolidar a apertura do proxecto ao exterior, partindo sempre da situación e esixencias de cada mercado. Trátase dunha etapa de conciliación recíproca entre a empresa e o mercado, na que se buscarán ocos de mercado e se deseñarán as pautas para a adaptación do seu produto ás necesidades do mesmo.

ASESORAMIENTO XURÍDICO
Poremos á túa disposición unha interpretación do marco lexislativo e unha relación de requisitos aos que aterse, tanto á hora de posicionarse en destino como ao longo do proceso que se leve a cabo ata ese intre.
Ofrecerémosche información e alternativas sobre as diferentes axudas e apoios institucionais que estean dispoñibles para os proxectos que dan os seus primeiros pasos na exportación.
Tamén podemos facer a tramitación e elaboración dos documentos internacionais que puideran requirirse para levar a cabo a execución da comercialización internacional.

AMPARO E SEGUIMENTO CONSTANTE
Unha vez que a túa empresa emprenda as primeiras misións directas ao estranxeiro, continuaremos apoiándote a nivel de estratexia e posibles consultas que puideran xurdir; para rematar de definir as bases do plan de acción e comezar a obter posicionamento no mercado de destino.