COMO FUNCIONAWEB E COMERCIO ELECTRÓNICO

WEB E COMERCIO ELECTRÓNICO

Temos deseñado un prototipo web completo co seu back-office. Se pensas que o noso prototipo se adapta ás necesidades do teu proxecto, aforrarás moitas horas de desenvolvemento. Será suficiente con que adaptemos os módulos que xa están deseñados e que os encaixemos no teu deseño de marca. O noso prototipo divídese en módulos adaptables ao teu perfil (servizos, produtos, etc.):

  • Módulo Presentación
  • Módulo Catálogo de servizos e ou productos
  • Módulo Tenda On-line
  • Módulo Noticias
  • Módulo Eventos
  • Módulo Galería de imaxes
  • Módulo Vídeos
  • Módulo Blog
  • Módulo Cooperativismo
  • Mailings/newsletters

Este é o momento no teu proxecto se atopa cos nosos webmasters para aproveitar todos os recursos das TICs e conseguir o mellor posicionamento. Hai cousas que podes facer ti e outras que non. Esta é das que non, a menos que sexas informático. Se queres un resultado profesional que non che dea complicacións nin no presente nin no futuro o mellor é encargar esta parte do proceso directamente aos profesionais. Eles non so che van garantir as mellores solucións ás túas demandas senón que te van acompañar durante toda a vida do teu proxecto para permitir que evolucione ao ritmo de innovación tecnolóxica.

Se te decides a poñer en marcha a túa web debes saber que normalmente os desenvolvedores van por un lado e os deseñadores por outro, os primeiros priman a eficacia técnica e os segundos a estética. O que nós che ofrecemos é a coordinación óptima entre estas dúas partes do proceso. Non tes porqué renunciar á túa imaxe para ter unha web coa máxima usabilidade, pero tampouco podes perder de vista a funcionalidade cando falamos por exemplo da pasarela de pago dunha tenda on line. Para ir tecendo con xeito todas estas cousiñas, o noso equipo, en permanente contacto contigo, irá fiando moi fino para entregarche o mellor resultado posible.

Cremos no software libre como modelo de desenvolvemento tecnolóxico sostible, responsable e ético; que permite aos clientes non renunciar á liberdade que deben ter como protagonistas na elección da solución adoptada. Debes saber que é posible adoptar solucións libres para, practicamente, dar resposta a calquera necesidade: desde software de escritorio para labores ofimáticas ata software de xestión de alto valor engadido pasando por sistemas operativos ou paquetes web integrados. O software libre permite adaptar as solucións ás túas necesidades en vez de obrigarte a ti a adaptarte ás soluciones adoptadas. Ademais o software libre obríganos aos profesionais a mellorar continuamente porque os clientes sempre dispoñen do código fonte do seu software e son libres para buscar outro provedor en todo momento.

A partires deste plantexamento podemos ofrecerche consultoría en software libre e protección de datos. Os nosos servizos están relacionados coa parametrización, desenvolvemento e implementación de software de alto valor engadido, así como a auditoría e adecuación das entidades á LOPD.

Estes son os servizos que podemos poñer a túa disposición:

  • Portais web
  • E-commerce
  • Software de xestión (contabilidade, facturarión, ERP,...)
  • Servidores Linux
  • Migracións a software libre
  • Formación
  • Divulgación de cultura libre
  • Sistemas xestores de proxectos comunitarios e de traballo colaborativo.