ESPAZO DE INTERCOOPERACION

Este é o voso espazo. Xestionádeo ao voso gusto. A nós gustaríanos que sexa un espazo común no que empresas e profesionais interactúen, podan crear oportunidades de negocio e, mesmo se decidan a intercooperar, tanto no ámbito comercial como no social. Estamos convencidos de que o resultado destas iniciativas será sempre moito maior e mellor que a suma das partes; e este é o mellor xeito de que as nosas empresas gañen músculo.

Poñemos á vosa disposición diversos materiais que vos poden servir de axuda se decidides emprender un proxecto de intercooperación: subvencións, protocolos, requisitos legais...

Nun futuro desexamos trasladar este ágora virtual ao ámbito da realidade e xuntarvos fisicamente para promover sesións de traballo e de desfrute.

Plantexamos este espazo como un ágora onde podedes pendurar os vosos proxectos e interesarvos polas ideas e proxectos doutr@s.