QUE PODES FACER TI

Queremos que o voso paquete de horas renda todo o posible e para iso precisamos que participedes activamente. Sabemos que a maioría de vós sodes microempresas afeitas a facer de todo, así que vos animamos a confiar nas vosas capacidades.

Nós tentaremos orientarvos desde a primeira consulta. Dirémosvos todo o que podedes facer vós mesmos e deste xeito teremos máis horas para dedicarllas a cuestións técnicas que vós non podedes resolver.

Contactade con nós, contádenos o que necesitades e comezaremos a planificar o traballo. E se podedes, revisade o que tedes antes da primeira consulta e facédenos unha primeira proposta do que credes que ides poder facer vós.

 

Isto é o que podedes facer vós antes de chegar ao TENDAL:

1
Definir con detalle a actividade, produto ou servizo que queredes ofertar.
2
Pensar na dimensión do mercado que queredes atender.
3
Escoller algúns exemplos de cousas parecidas que se estean facendo e pensar nop que vos vai diferenciar.
4
Buscar imaxes, logos, colores... cos que vos sintades identificados a nivel de proxecto.